Manuel J. Viño Gallego, finado en Calo (Teo) o 31 de agosto de 1944[1], foi un agrarista e político galego.
Traxectoria
Comerciante en Calo. Foi elixido concelleiro en Teo en 1909. Vencellado á da Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Calo. Foi elixido alcalde de Teo en 1932 e permaneceu no cargo ata marzo de 1936.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Domínguez Alamansa, Andrés (1997). "O papel da emigración na transformación da sociedade rural galega: Asociacionismo agrario e poder local no concello de Teo. 1900-1936". En Universidade de Santiago de Compostela. Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936). Santiago de Compostela. pp. 467–493. ISBN 84-8121-665-8.
Ligazóns externas