Manuel Vicente Alonso, nado en Estás (Tomiño) en 1875, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Comerciante establecido no Cotro. Secretario de La Aurora del Porvenir na ditadura de Primo de Rivera.[1] De filiación agraria, coa proclamación de República foi elixido concelleiro de Tomiño.[2] Foi nomeado alcalde de Tomiño en setembro de 1934.[3] Foi cesado como alcalde a finais de outubro de 1934.[4] O 6 de outubro de 1935 foi nomeado presidente do Padroado da Fundación Peirópolis de Estás instituída por Abdón Alonso Alonso.[5] Foi reposto como alcalde logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións xerais de febreiro de 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido polos sublevados. Xulgado en Vigo por adhesión á rebelión, foi condenado á pena de morte. Foille conmutada a pena pola de cadea perpetua. Foi destituído do Padroado da Fundación Peirópolis polas autoridades franquistas en xaneiro de 1938.[6] Sufriu expediente de responsabilidades políticas resultando cunha sanción económica.[7]
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-9-1924, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-1-1932, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-9-1934, p. 15.
- ↑ El Pueblo Gallego, 30-10-1934, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-10-1935, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-2-1938, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 29-12-1940, p. 5.