Manuel Vázquez Outeiriño, nado en Zarracós (A Merca) o 12 de decembro de 1940 e finado neste mesmo lugar o 14 de agosto de 2023, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Mestre de Pardavedra (A Bola). Despois foi mestre e logo director do colexio comarcal Curros Enríquez de Celanova. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas na Merca encabezando a candidatura da UCD e foi elixido alcalde por maioría absoluta. No congreso extraordinario de Centristas de Ourense en marzo de 1984, no que se acordou por unanimidade a integración, por fusión, en Coalición Galega, participou na mesa deste congreso en representación dos alcaldes da provincia. Volveu ser elixido alcalde logo das eleccións de 1983 por Coalición Galega. Logo da dimisión de Rosendo Fernández Fernández volveu ser elixido alcalde en 1996. Nas eleccións de 1999 volveu presentarse polo PPdeG e foi elixido alcalde.
Finou en Zarracós o 14 de agosto de 2023.[1][2]
Vida persoal
Casou con Teresa Taín Olano e foi pai de Manuel, Floreano, Miguel Ángel, María Teresa, Raquel Elvira e José Antonio Vázquez Taín.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos