Manuel Silva Núñez, nado en 1884 e finado en Cambados o 28 de decembro de 1963,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Nos anos finais da Restauración foi o líder do Partido Conservador en Cambados. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Cambados. Volveu ser nomeado alcalde logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.
Vida persoal
Casou con Carmen González Estévez e foi pai de Jaime Silva González.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-1-1964, p. 14.
Véxase tamén
Bibliografía
- Domínguez Pereira, Jacobo (2004). Un pobo deitado ó sol, á beira do mar. A Segunda República en Cambados. Cambados: CANDEA. ISBN 84-920310-9-3.
Ligazóns externas