Manuel Rábade Rodríguez, nado en Cospeito o 16 de febreiro de 1901 e finado en Lugo en marzo de 1991, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Veciño de Cospeito. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de outubro e internado na cadea de Lugo. Xulgado en Lugo por rebelión na causa 1025/36, foi sobresido. Saíu en liberdade o 4 de febreiro de 1937. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941,[1] que foi sobresido en 1944.[2] Novamente detido, acusado de ter contacto co Partido Comunista e con partidas de guerrilleiros, foi xulgado en consello de guerra o 6 de febreiro de 1948, e condenado por rebelión militar xunto con José Santiago Temprano, Victor López Rodríguez e Maximino Rodríguez Pérez. Estivo na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1949.[3] Finou en Lugo a finais de marzo de 1991.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas