Manuel Rodríguez Mes, nado en Carballo cara a 1848 e finado no mesmo concello o 29 de novembro de 1939, foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria
Adquiriu o Balneario de Arteixo en 1898. Concelleiro de Carballo, foi elixido alcalde en febreiro de 1931.[1] Finou en Carballo o 29 de novembro de 1939.[2]
Vida persoal
Casou con Flora González Mes e foi pai de Rogelio e Enrique Rodríguez González.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 7-2-1931, p. 1.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-11-1939, p. 4.
Véxase tamén
Ligazóns externas