Manuel Puente Iglesias, nado na Estrada cara a 1908 e finado en Poio o 2 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de José Puente Pena e Avelina Iglesias Soto. Veciño de Pontevedra. Funcionario do Goberno civil de Pontevedra, foi axente executivo de cédulas do distrito de Pontevedra en 1933,[1] dos concellos de Barro e Portas en 1935,[2] e novamente do distrito de Pontevedra en 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomedao delegado do Gobernador Civil de Pontevedra no Grove. Foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 17 de novembro con Jacobo Barral Otero, Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, José Prol Figueiro e Miguel Mandiás Merino,[4] foi condenado á pena de morte. Foi executado o 2 de decembro de 1936 no km 1 da estrada a Campañó con Eduardo Muíños Búa, Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e José Crespo Torres.
Notas
- ↑ El País, 31-3-1933, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-4-1935, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-6-1936, p. 15.
- ↑ Diario de Pontevedra, 18-11-1936, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas