Manuel José Fernández Iglesias

Modelo:BiografíaManuel José Fernández Iglesias
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Salamanca, España Editar o valor en Wikidata
Professor associado (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, profesor universitario Editar o valor en Wikidata

Manuel José Fernández Iglesias, nado en Salamanca o 3 de xuño de 1967 é un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria

Tras rematar os estudos de Enxeñeiro de Telecomunicación en 1990 comeza a exercer como docente e investigador na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo. Dende 1997 é doutor de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e profesor titular no Departamento de Enxeñería Telemática desa universidade. Tamén ocupou diversos cargos de xestión na Universidade de Vigo e na Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia. No derradeiro equipo reitoral de Domingo Docampo, foi comisionado para o Espazo Europeo de Educación Superior da Universidade de Vigo, con rango de vicerreitor (2004-2005).

Dende o 2005 ata abril de 2009 ostentou o cargo de director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia no goberno bipartito saído das eleccións galegas dese mesmo ano.

De 2007 a 2010 mantivo o blog en inglés sobre o audiovisual galego Alan Smithee's Scratch Book on Galician Cinema.

Véxase tamén

Ligazóns externas