Manuel Jiménez de Parga y Cabrera, nado en Granada o 9 de abril de 1929 e finado en Madrid o 6 de maio de 2014, foi un xurista, político e diplomático español.
Traxectoria
Foi profesor encargado da cátedra de Dereito político na Universidade de Madrid (1956) e catedrático por oposición da Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona (1957-1977). Decano da Facultade de Dereito (1976) e Reitor, en funcións, da Universidade de Barcelona (1976-1977). Deputado nas cortes constituíntes (1977). Ministro de Traballo (1977-78) e Embaixador-Representante permanente de España ante a OIT (Xenebra, 1978-1981) e presidente da Conferencia Interamericana de Traballo (1980).
Licenciado en Dereito con Premio Extraordinario pola Universidade de Granada (1951) e Doutor en Dereito pola Universidade de Madrid (1953), ampliou os seus estudos nas Universidades de Heidelberg, Múnic e París.
Catedrático de dereito constitucional na Universidade de Madrid (1981-1995). Conselleiro de Estado (1986-1995). Maxistrado do Tribunal Constitucional (1995), Presidente do Tribunal Constitucional (2001-2004).
Fundou o bufete Jiménez de Parga Avogados.
Recoñecementos e distincións
Foi Doutor honoris causa da Universidade de Bordeos (1962), e da Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid (2004). Profesor emérito da Universidade de Bauru, São Paulo (Brasil, 1969). Membro da Orde do Mérito Constitucional (8-12-1988). Membro da Academia Nacional de Dereito e Ciencias Sociais (Córdoba, Arxentina, 1994). Gran Cruz de Carlos III, máxima condecoración do Reino de España (24-2-1978). Medalla de Ouro de "Ramón Carande" (10-10-97). Gran Cruz de Afonso X o Sabio, ao xubilarse como Catedrático logo de máis de 45 anos de docente (25-6-99). Medalla de Servizos Prestados á Universidade (28-1-2000). Académico de Honor da Real de Xurisprudencia e Lexislación de Granada (14-5-2000). Premio Pelayo na súa VIII Edición para Xuristas de recoñecido prestixio (2002). Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort (5-12-2013).
Outras distincións
- Medalla da Orde do Mérito Constitucional.
- Fillo Predilecto de Andalucía (19/02/2002).
- Medalla de Ouro ao Mérito pola Cidade de Granada.
- Premio Pelayo para Xuristas de Recoñecido Prestixio (2002).
- Gran Cruz da Orde do Dous de Maio.