Manuel Guitián Somoza, nado no Incio cara a 1910 e finado o 20 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Fillo de Ramona Somoza Díaz e Florencio Guitián. Mestre nacional, afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de agosto e permaneceu no Depósito de Sarria até o 19, de onde o sacaron coa desculpa de realizar unha dilixencia para asasinalo.[1] A súa morte foi rexistrada no Hospital de Lugo a causa de shock traumático o 20 de agosto. O xuíz de Instrución do partido de Sarria, Rogelio Borondo Sánchez, instruiu sumario pola súa morte.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas