Manuel Gómez Cordido

Modelo:BiografíaManuel Gómez Cordido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1853 Editar o valor en Wikidata
Senra, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de setembro de 1944 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, xornalista Editar o valor en Wikidata

BUSC: gomez-cordido-m-manuel-1853-1944


Manuel Gómez Cordido, nado en Senra (Ortigueira) o 30 de xuño de 1853 e finado na Habana o 2 de setembro de 1944, foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria

Chegou a Cuba en 1870 e comezou a traballar como empregado nas oficinas dos hospitais militares da Habana. En 1884 iniciou os estudos de Maxisterio, e ao rematar integrouse no equipo de profesores do Centro Galego da Habana. En 1913 foi director da Escola de Repartición "Las Cañas" do Cerro. Graduouse como doutor en Pedagoxía na Universidade da Habana en 1914. En 1927 foi nomeado Inspector de Escolas. Foi un dos principais redactores da revista Galicia e colaborou no Diario de la Marina, La Patria Gallega, La Antorcha Gallega, Asturias e Vivero en Cuba. Foi presidente da Sección de Instrución do Centro Galego e formou parte do Comité Redencionista Gallego e da Sociedad Cubana de Pedagogía.

Obras

  • Aritmética teórico-práctica, 1888.
  • España, sagrada y sangrante aspira, 1949.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas