Manuel Fernández Boado

Modelo:BiografíaManuel Fernández Boado
Biografía
Nacementoc. 1895 Editar o valor en Wikidata
O Cádavo, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de setembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexistrador da propiedade Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2949

Manuel Fernández Boado, nado no Cádavo (A Esperela, Baleira) cara a 1895 e finado en Vitoria o 4 de setembro de 1959, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Licenciado en Dereito. Aprobou as oposicións a rexistrador da propiedade en 1920 e foi nomeado rexistrador da Fonsagrada. En 1923 foi nomeado rexistrador de Ribadeo.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi directivo do Ateneo Biblioteca Popular, e nel pronunciou unha conferencia sobre política feminista en outubro de 1924 pola que foi detido, denunciado e procesado. Na Segunda República foi organizador do Comité de Izquierda Republicana de Ribadeo. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e encartado no sumario 934/36 que foi sobresido. Marchou a Celanova en novembro de 1936, permanecendo alí ata setembro de 1937, cando foi detido e trastadado á prisión de Lugo o 24 de setembro, de onde pasou á de Ribadeo o 28 dese mes.[2] Acusado de auxilio á rebelión no sumario 1238/37 e xulgado en consello de guerra en Lugo o 22 de febreiro de 1938,[3] sendo condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión sprovincial de Lugo, onde traballou como encargado dos ficheiros íncide rexistro e fisiotécnico, para reducir condena. Conmutada a pena a dous anos o 7 de febreiro de 1940, Saíu en libredade condicional o 8 de xullo de 1940.[4] Foi separado do servizo como rexistrador da propiedade en 1938. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas e como consecuencia foi sancioanado cunha multa de 1 000 pesetas o 8 de xuño de 1940. Rehabilitado, no franquismo foi rexistrador da propiedade de Priego de Córdoba e dende 1957 de Sagunt. Finou nun accidente de tráfico na estrada de Vitoria a Irún o 4 de setembro de 1959.[5]

Vida persoal

Casou con María García-Villamil Noriega en 1931.[6]

Notas

  1. El Compostelano, 14-12-1923, p. 2.
  2. Expediente procesual de Manuel Fernández Boado
  3. El Progreso, 23-2-1938, p. 4.
  4. Expediente procesual de Manuel Fernández Boado
  5. La Voz de Galicia, 5-9-1959, p. 4.
  6. Las Riberas del Eo, 25-4-1931, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas