Manuel Domínguez Fontán, nado na Pobra do Caramiñal en 1903, foi un escritor galego.
Traxectoria
Mariñeiro. Emigrou de mozo a Cuba. Na illa dedicouse ao xornalismo. Na década dos sesenta foi bibliotecario na Universidade da Habana. En 1962 publicou La Puebla del Caramiñal. Un mirador sobre la ría de Arosa, reeditado pola Deputación da Coruña en 1987. Para realizar a obra Domínguez Fontán consultou os arquivos de Xunqueiras e do convento do Xobre. Tamén publicou algunhas colaboracións en El Pueblo Gallego nos anos sesenta.[1]
Obras
- La Puebla del Caramiñal. Un mirador sobre la ría de Arosa, 1962.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-9-1966, p. 16.
Véxase tamén
Ligazóns externas