Manuel Calderón de la Barca Herce Collantes Varela, I marqués de Algara de Gres, nado en 1833 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 1901,[1][2] foi un político español.
Traxectoria
Fillo máis vello de Saturnino Calderón Collantes. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, pola que foi doutor. Militou na Unión Liberal. Foi elixido deputado polo distrito de Celanova en 1858, volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1863, e polo distrito de Ourense en 1865. O 23 de decembro de 1875 o rei concedeulle o título de marqués de Algara de Gres en recoñecemento polos servizos do seu pai á monarquía.[3] Foi senador pola provincia da Coruña en 1877 e 1878. Foi socio de número da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e da Academia de Belas Artes da Coruña e vogal do Consello provincial de Agricultura, Industria e Comercio.
Recoñecementos
Cabaleiro gran cruz da Orde de San Gregorio o Magno e da de Villaviciosa de Portugal.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 26-10-1901, p. 3.
- ↑ La Voz de Galicia, 25-10-1901, p. 3.
- ↑ El Diario de Santiago, 19-10-1875, p. 2.
Véxase tamén
Ligazóns externas