Manuel Cabaleiro Goás

Modelo:BiografíaManuel Cabaleiro Goás
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1918 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 1977 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsiquiatra, médico Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1207129 BUSC: cabaleiro-goas-manuel-1918-1977 Dialnet: 1619397

Manuel Cabaleiro Goás, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1918 e finado en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1977,[1] foi un psiquiatra e antropólogo galego.

Traxectoria

Cursou o bacharelato no Instituto da Coruña. Comezou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1934. Interrompida pola Guerra Civil, licenciouse en 1942. Formouse en Neuroloxía e Psiquiatría co seu mestre José Pérez López-Villamil no Sanatorio San José de Vigo. Doutorouse en 1953 na Universidade de Madrid coa tese: La Psiquiatría en la Medicina Popular de Galicia, dirixida por Pedro Laín Entralgo.

En 1943 abriu en Ourense con Nicandro Pérez Vázquez un sanatorio psiquiátrico privado. Entre 1954 e 1961 realizou estancias de varios meses en centros psiquiátricos europeos de Francia, Suíza e Alemaña, visitando Sainte-Anne, con Delay, Charenton, con Henri Baruk, Bonneval, con Henri Ey, e o Centro de Tratamento e Readaptación en Neully-Sur-Marne. No verán de 1959 o Patronato Nacional de Asistencia Psiquiátrica (PANAP) inaugura o Hospital Psiquiátrico de Toén que dirixiu Cabaleiro até a súa morte.

Obras

  • Temas Psiquiátricos (1959, 1963).

Notas

  1. La Voz de Galicia, 2-2-1977, p. 21.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas