Manuel Brañeiro Buela, falecido en Dodro en xaneiro de 1885, foi un político galego.
Traxectoria
É o primeiro alcalde do concello de Dodro que aparece citado nos Libros de Actas do concello. Tralo seu falecemento en xaneiro de 1885 foi substituído na alcaldía polo Tenente-Alcalde Fernando Conde Lois.