Manuel Bergueiro

Modelo:BiografíaManuel Bergueiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
A Consolación, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de febreiro de 1985 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalMaxisterio
Actividade
Ocupaciónescritor, mestre Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa e teatro

BNE: XX1187481 BUSC: bergueiro-lopez-manuel-1898-1985

Manuel Bergueiro López, nado na Consolación (Tabeirós, A Estrada) o 11 de setembro de 1898 e finado en Oviedo o 26 de febreiro de 1985, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria

Ingresou en 1913 na Escola Normal de Santiago de Compostela onde estudou a carreira de Maxisterio. En 1921 obtivo unha vacante no padroado das Escolas Barcalesas. Posteriormente foi mestre en varios lugares de Galicia e Asturias. Colaborou en moitos xornais como El Agrario Barcalés, El Emigrado, El Compostelano, El País Gallego, Faro de Vigo, Vida Gallega, Vida Escolar.

En 1927, co número 29 da Colección Lar, publicou A pecadenta silenzosa. En 1930 publicou Ollo cos estudantes, versión escénica dun episodio da novela anterior, que terá continuación noutras pequenas pezas en castelán: Trampa adelante e Engaño sobre engaño.

Tamén escribiu en castelán Jovellanos en la pedagogia española e Rosiña de Tabeirós. Usaba os pseudónimos de Manuel de Vicenta e Rogueiber.

Ingresou como académico correspondente na Real Academia Galega en 1958.

Placa na casa natal de Manuel Bergueiro en Tabeirós.

Obra

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas