Manuel Arroyo Quiñones, nado en Burgos o 29 de xaneiro de 1922 e finado en Madrid en 2007[1], foi un político español.
Traxectoria
Licenciado en Filosofía e Letras. Foi alcalde do concello de León (1967-1973). Foi procurador en Cortes en representación da Administración Local de 1964 a 1971 e en 1971 foi tamén consejero nacional. En xullo de 1973 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra. Cesou como gobernador en febreiro de 1974 para ocupar o cargo de Director xeral de Formación Profesional no Ministerio de Educación e Ciencia. En 1976 foi nomeado Director xeral de Ensinanzas Medias.
Notas