Manuel Adán López, nado en Santiso en 1968, é un político galego do BNG.
Traxectoria
Traballou como enxeñeiro técnico agrícola na Xunta de Galicia. En 2011 formou goberno de coalición co PSdeG-PSOE e con Independientes por Santiso,[1] e en xullo de 2013 pasou a ser alcalde por acordo no pacto de goberno.[2] Nas eleccións municipais de 2015 encabezou novamente a candidatura do BNG en Santiso e revalidou a alcaldía con catro concelleiros e o apoio dos socialistas.[3]
Nas eleccións municipais de 2019 obtivo 6 concelleiros, acadando a maioría absoluta.[4] Maioría que renovou nos comicios de 2023, esta vez cun concelleiro máis.[5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos