Manifesto de Abrantes

O Manifesto de Abrantes foi unha proclama emitida en Abrantes (Portugal), o 1 de outubro de 1833, por Carlos María Isidro de Borbón,[1] infante de España e pretendente ao trono español, tras a morte do seu irmán, o rei Fernando VII de España.

Historia

O infante Carlos Mª Isidro marchou ao desterro a Portugal, tras ser expulsado por Fernando VII, contando co apoio do seu curmán o rei Miguel I. Nesa proclama, malia afirmar non cobizar o trono,[2] declarou que tiña o deber de loitar por el, polos seus fillos, en nome da lexitimidade da sucesión, desde o seu punto de vista ilegalmente alterada. Remataba apelando á paz e á concordia, cousa que non sucedería, xa que o suceso foi a base dunha longa discordia e das guerras carlistas que afectaron a España durante todo o século XIX.

En realidade, estaba en contra da derrogación da Pragmática Sanción de 1830, pola que Fernando VII declaraba sucesora a súa filla Isabel e recalamba o seu mantemento como era tradicional na casa Borbón. Daquela, sendo o varón de maior idade e con maior proximidade ao rei, el debería ser o sucesor. Ao non conseguilo, autoproclamouse Carlos V, emitiu moeda e non renunciou aos seus dereitos[1] polo que comezou a Primeira guerra carlista.

Notas

  1. 1,0 1,1 García Gómez & Ordaz Romay (2005), p. 92
  2. Díaz Villanueva (2021)

Véxase tamén

Biografía

Outros artigos