Magsat

Magsat / Explorer 61
Representación artística de Magsat
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento30 de outubro de 1979[1][2][3]
Foguete portadorScout[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][5]
Obxectivo da misiónMedición global do campo magnético da Terra.[2][5]
Decaemento11 de xuño de 1980[1]
NSSDC ID1979-094A
Masa158 kg[2]

Magsat, tamén coñecido como Explorer 61, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 30 de outubro de 1979 mediante un foguete Scout desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4]

Características

A misión de Magsat consistiu en medir os campo magnético da Terra a baixa altura e en gran detalle co obxectivo de mellorar e actualizar as cartas magnéticas a nivel mundial e rexional e facer unha recompilación das zonas da codia terrestre con anomalías magnéticas.[2][4]

O satélite estaba composto de dúas partes: o módulo instrumental (cos instrumentos de medición e o sistema de despregue dos mesmos) e o módulo base (cos sistemas de comunicación, enerxía e propulsión). O instrumento principal, un magnetómetro, foi despregado a unha distancia de 6 metros da nave para facer as medicións.[2][4]

Magsat foi inxectado nunha órbita inicial de 550 km de apoxeo, 348 km de perixeo, 93,6 graos de inclinación orbital e un período orbital de 93,6 minutos.[3] Reentrou na atmosfera o 11 de xuño de 1980.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MAGSAT" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Magsat" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 25 January 1980 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (80-02895). 4 de febreiro de 1980: 2. Consultado o 1 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: Magsat (AEM 3)" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Magsat" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas