O Magníficat (tamén coñecida coma canción de María ou canto de María) é un cántico entoado (ou recitado) adoito na liturxia dos servizos eclesiásticos cristiáns. O texto do cántico vén directamente do Evanxeo de Lucas, onde é recitado pola Virxe María en ocasión da Visitación da súa prima Sabela. Na narración, despois de que María saudase a Sabela, que está embarazada daquel que será coñecido coma Xoán o Bautista, o neno reméxese dentro do útero de Sabela. Cando esta loa a María pola súa fe, María entoa o Magníficat como resposta.
A primeira tradución do Magníficat en lingua galega data de 1886, realizada por Urbano Ferreiroa, incluída en Magnificat in XL linguas versum et propriis caracteribus redditum et expressum, agasallo para o papa León XIII.[1]
A miña alma grorifica o Siñor:
I’o meu ispritusaltou d’alegria en Dios
miña salvacion.
Porque puxo osseus ollos na pobreza
d’a sua nena:
e por eso desd’agora mismo todas as xentes chamaránme dichosa.
Porque fixo enmin cousas grandes quen pode,
y’o seu nome é santo.
Y’a sua misericordia chega
d’os fillos a os fillos
que lle tén medo.
Mostrou forza co’a sua mau:
botou abaixo os castélos
qu’os soberbios finxiron no seu curazon,
Quitoulle á silla os valentes,
é puxo n’ela os pequiniños.
Encheu de cousas boas os probiños,
y’os ricos mandou-nos lonxe de si cheos de vento.
O seu neno Esrael
acolleuno ond’a si porque non se esqueceu d’a sua misericordia.
Según ó que falára os nosos páis,
á Abrán y’a sua parentéla que non morrerá namentres axa mundo.
A continuación reproducimos a tradución do Leccionario de 2001.
Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
e alégraseme o espírito en Deus,
o meu Salvador,
porque reparou na humillación
da súa escrava.
Dende agora chamaranme ditosa tódalas xeracións,
porque fixo marabillas en min o Poderoso.
O seu nome é santo,
e a súa misericordia chega,
xeración tras xeración,
a tódolos que o temen.
Manifestou o poder do seu brazo,
dispersou os soberbios de corazón;
derrubou os poderosos dos seus tronos
e elevou os humildes; os famentos encheunos de bens,