Maestro Reverendo, nome artístico de Ángel Muñoz-Alonso, nado en Madrid en 1955 e finado na mesma cidade o 7 de setembro de 2012, foi un músico e compositor español.
Traxectoria
Empezou a toca-lo piano na escola madrileña dos Escolapios e gañou a nomeada de Reverendo cando traballou como organista na igrexa de Santo Antón. Iniciou a súa carreira no rock nos anos 70 co grupo Desmadre 75, que obtivo un grande éxito en 1975 coa súa canción "Saca el güiski, cheli"; máis tarde, co grupo Paracelso, gañou en 1978 e 1979 as dúas primeiras edicións dos Premios Rock Villa de Madrid.[1] Durante a década dos 80 foi colaborador de bandas como Siniestro Total ou Los Ronaldos e tocou tamén con Miguel Ríos.
Foi compositor de temas e bandas sonoras en galego para a Televisión de Galicia, sendo o máis popular o tema "Carmiña Vacaloura", que compuxo para o Xabarín Club.[2] A súa traxectoria artística estivo ligada desde finais dos anos 70 ó Gran Wyoming, incluíndo a súa etapa no programa de televisión Caiga quien caiga.[3] Retirouse en 2003 trala súa etapa en televisión.[4]
Notas