MAX Asia é unha canle de HBO que emite para diversos países de Asia filmes de terror, acción, misterio e suspense, a súa sede está na oficina de Time Warner Asia en Singapur.
Historia
A canle estableceuse como Cinemax Asia o 1 de xaneiro de 1992 como complementaria a HBO Asia, en 2009 adoptou o seu actual nome.
Censura
A canle está suxeita ás leis de Singapur, país onde ten a súa sede e polo tanto ten que eliminar dos filmes algunhas escenas sexualmente explícitas, tampouco pode emitir en Vietnam diálogos ou escenas que o goberno considere contrarias ao comunismo, ao Partido Comunista Vietnamita ou que segundo el terxiverse a Guerra de Vietnam e non se poden emitir filmes sexualmente explícito nin de natureza extremadamente terrorífica.