Santa María de Mántaras é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Irixoa. Segundo o IGE en 2017 tiña 186 habitantes (98 mulleres e 88 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.
Patrimonio
Ermida de San Cosme de Mántaras. Pequena ermida de estilo románico rural galego, composta de ábsida e nave separadas por arco triunfal.
Lugares e parroquias
Lugares de Mántaras
Parroquias de Irixoa
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2017) [1995, corrixido e aumentado en 2016]. "Ermida de San Cosme". Patrimonio da comarca da Mariñas (artigos publicados na revista A Xanela: Revista Cultural das Mariñas. Na sección O Noso Patrimonio). Betanzos: A. C. Eira Vella. pp. 141–144. ISBN 978-84-697-2988-5.
- Vega Rodríguez, Antonio de (2012). Irixoa: Entidades poboacionais (Mapa). 1:45.000. Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Outros artigos