Lyrurus é un xénero de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, que comprende dúas especies, coñecidas como galos lira,[1] moi semellantes ás do xénero Tetrao.
Taxonomía
Descrición
O xénero foi creado en 1832 polo naturalista e ornitólogo inglés William John Swainson.[2]
Etimoloxía
O nome científico Lyrurus está formado polos elementos do latín científico lyr- e -urus.[3] O primeiro está tirado da raíz do substantivo do dialecto xónico do grego antigo λύρα, lýra, 'lira', e o segundo do grego antigo οὐρά, ourá, 'cola'. Literalmente: 'os de cola en forma de lira'.
Especies
Na actualidade recoñecense no xénero dúas especies:[2][4]
Nota taxonómica
Algúns atutores consideran estas dúas especies dentro do xénero Tetrao, como
- Tetrao mlokosiewiczi Taczanowski, 1875
- Tetrao tetrix Linnaeus, 1758
Véxase Tetrao.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.
- Hume, R. (2002): Guía de campo de las aves de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-317-8.
- Peterson, R.; G. Mountfort e P. A. D. Hollom (1973): Guía de campo de las aves de España y de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-334-2.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Gill, F. & Donsker. D. eds. (2018): Family Fasianidae, en IOC World Bird Names (versión 8.2), International Ornithologists’ Union. Consultada o 5 de xaneiro de 2019.
- Lyrurus en Avibase. Inclúe a lista completa de subespecies. Consultada o 5 de xaneiro de 2019.
- Lyrurus na ADW.