Filla de Xoán Vicente Viqueira e Jacinta Landa. Criouse no pazo familiar de Vixoi (Bergondo). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Francia. Trasladouse a Moscova e finalmente marchou a México. Militante do Partido Comunista de España, foi integrante do grupo de mulleres do Partido Comunista mexicano e da Unión de Mujeres Española Mariana Pineda, formada por exiliadas españolas en México. Impulsou con Luís Soto o Padroado da Cultura Galega de México. Abandonou con Soto o PCE para participar na fundación da UPG. Colaborou na creación da revista Vieiros da que foi secretaria de redacción, e presentou o programa de radio La hora de Galicia. Foi secretaria da Delegación do Consello de Galicia.
As súas cinzas foron soterradas no cemiterio de Ouces, ao lado do seu pai.[2]
Recoñecementos
Recibiu unha homenaxe da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña en 2010 pola súa loita contra o fascismo.[3]
Blanco, C.; Rodríguez Fer, Claudio (2011). Vivas en nós. Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936. Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.