Luís Cid Nóvoa foi un político galego.
Traxectoria
Na Segunda República foi elixido alcalde de Allariz á fronte dunha maioría agraria-republicana. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi destituído polo Gobernador civil, acusado de arengar aos presos da cadea, e ingresou na Prisión Provincial de Ourense.[1] Foi substituído polo concelleiro Modesto Fidalgo Conde que executou a política de peche das sociedades agrarias ordenada dende o Goberno Civil.[2]
Notas