Luís Carragal Peón, nado en Pontevedra o 25 de marzo de 1894,[1] foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria
Fillo de Concepción Peón López. Foi mestre de Cela (1924), O Hío (1926) e Quíntela (1927). Dende 1929 foi mestre da escola de Budiño, e entre 1932 e 1936 desenvolveu coa axuda da sociedade Fomento de Porriño y su Distrito a Cooperativa Agrícola Escolar de Budiño.[2] Foi membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo (UGT)[3] e colaborou en La Hora. Foi presidente da Sociedad-Sindicato La Progresiva de Budiño.[4]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en setembro, foi reposto en decembro con suspensión de emprego e soldo dun mes.[5] Depurado, foi sancionado co trasladado fóra da provincia e inhabilitado para cargos directivos e de confianza en xuño de 1940 e destinado a Noviercas (Soria),[6] despois foi mestre en Simes (Meaño) dende 1946. Nos anos corenta colaborou en Spes. O seu traballo "La Agricultura en la Escuela" foi premiado polo Ministerio de Agricultura en 1950.[7] Xubilouse por imposibilidade física en 1959.[8]
Notas
- ↑ Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes (1934). Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933 (en castelán). Nueva imprenta radio. p. 86.
- ↑ Cooperativa Rural Escolar aneja a la nacional de niños
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-11-1933, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-6-1934, p. 12.
- ↑ Diario de Pontevedra, 5-12-1936, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 25-8-1940, p. 2.
- ↑ La Noche, 24-5-1950, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 4-1-1959, p. 11.
Véxase tamén
Bibliografía