Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Luís Seara.
Luis Carlos Seara Nieto, nado en Paderne de Allariz en 1936 e finado no mesmo concello o 22 de marzo de 2010,[1] foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Empregado dunha entidade de aforro e cooperativista de Coren. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato de UCD á alcaldía de Paderne de Allariz, e foi elixido alcalde. Volveu ser elixido por Coalición Galega, Centristas de Galicia e PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta, ata que en 2007 foi substituído como cabeza de lista do PPdeG por José Manuel Fernández Gómez.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos