Ludovico Reale, nado o 2 de marzo de 1984 en Téramo, é un guitarrista italiano.
Traxectoria
Ludovico iniciouse na guitarra grazas a un amigo no 2001. A continuación comezou os seus estudos de guitarra rock e interesouse especialmente na amplificación, no son e na música de computador. En 2005 gañou un concurso no sitio web italiano musicity.org como mellor guitarrista e mellor canción instrumental, superando 344 bandas. Ese mesmo ano, e grazas ao computador para incluír máis intrumentos, fixo unha demo con vellas improvisacións, que recibiu unha boa acollida por parte da crítica, como é o caso do guitarrista Ricky Portera.
No ano 2006 abre o seu sitio web e traballa como mestre de guitarra en distintas escolas do país. Abandona Italia para irse ao Reino Unido, onde promociona a súa música en clubs e pubs londinienses e traballa como guitarrista de sesión nos estudios Play Recording. No ano 2008 promociona o produto Alien Pedalboards, xunto con Neil Zaza, Marco Sfogli (guitarristas de James Labrie e Jordan Rudess), Oscar Ortega, Cris Bertini, Alberto Viganò (Gypsy Kings) e outros moitos músicos nos Estados Unidos, en Europa e en Asia.
A principios de 2009, Ludovico traballou para Liuteria69, unha compañía musical con base en Italia, deseñando o seu propio modelo de guitarra, chamada "N.23". A finais dese mesmo ano traballa para Bulk Strings (xunto con Vanilla Sky, Lost, Marta Sui Tubi e outros) e para V-PICKS (con Billy Sheehan, Stu Hamm, Alex Masi, Bing Futch, Jorge Santana, Danny Jiosa, Carlos Santana, Brad Withford e outros).
A mediados de 2012 fíxose artista para Kuassa VST Inc, promocionando os seus programas musicais. Con artistas como Jeff Loomis (de Nevermore), Ola Englund (de Temido e Six Feet Under), Keith Merrow, Lim Jeong-Hyun ou Buddemeyer Derek, Ludovico uniuse a Positive Grid para promocionar a JamUp Pro XT, a mellor aplicación de simulación de amplificación para iOS.
Discografía
Instrumentación
- Fender Classic 50's (With Di Marzio Pickups and Gotoh Bridge)
- Liuteria 69 L.R N.23 Guitar (With Seymour Duncan Pickups)
- Alien Pedalboard with : L.R Booster,Boss CS3,Boss Ch1,Boss PH3,Digitech Whammy,Vox Time Machine Delay.
- V-Picks Ludovico Reale
- Ernie Ball 0.11 Strings
- Viper Cables
- D'Addario Guitar Strap
- Roland GR-55 Guitar Synthesizer
- Kuassa Amplifikation tone and creme
Véxase tamén
Ligazóns externas