Ludeca, finado en 827, foi rei de Mercia entre 826 e 827.
Traxectoria
Ascendeu ao trono tras a morte de Beornwulf durante unha campaña contra Anglia Oriental. Ludeca morreu durante outra campaña contra Anglia Oriental do mesmo xeito que o seu predecesor, sendo sucedido por Wiglaf. Antes do seu reinado, Ludeca aparece mencionado como dux en dous documentos de 824, durante o reinado de Beornwulf[1].
No Museo Fitzwilliam de Cambridge consérvase unha moeda cuñada durante o reinado de Ludeca. Crese que este penique de prata foi cuñado en Ipswich por un tal Waerbeald.
Notas
- ↑ Frank Stenton, Anglo Saxon England (1943, 1971, 1998 Oxford paperback), páx. 231, nota 3.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Orixes | |
---|
século VII | |
---|
século VIII | |
---|
século IX | |
---|
En cursiva os « señores de Mercia » que recoñecen a soberanía de Wessex. |