Luciano del Río Fernández, coñecido como Errante, finado en Pontevedra nos anos cincoenta do século XX, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Foi porteiro do Instituto de Pontevedra.[1] Colaborou en Diario de Pontevedra e outros periódicos de Pontevedra utilizando o pseudónimo Errante.[2] Fundou e dirixiu o periódico La Provincia (1917-1922).
Obras
- El Castillo de Tenorio, 1916.
- Guerra de la Independencia. Páginas históricas de Pontevedra, 1918.
- Julio. Ensayo de novela, 1959.
Vida persoal
Casou en Pontevedra con Maria de la Concepción Besada Méndez en 1903,[3] e foi pai de Luciano del Río Besada.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-1-1934, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 1-5-1916, p, 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 7-2-1903, p. 2.