Luís Salgueiro Rodríguez, finado en Ponteareas en 1993,[1] foi un odontólogo e político galego.
Traxectoria
Médico odontólogo en Ponteareas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Ponteareas en xaneiro de 1938.[2] Cesou no cargo en outubro dese ano. Logo foi xuíz comarcal de Ponteareas.
Recoñecementos
Foi nomeado fillo adoptivo de Ponteareas en 1984.
Vida persoal
Casou con María Emilia Garra Moldes.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 9-2-1993, p. 41.
- ↑ Diario de Pontevedra, 26-1-1938, p. 2.