Luís Rubido Ramonde, nado en Cedeira en 1955, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria
É licenciado en Dereito e compatibiliza a avogacía coa asesoría de empresas ademais da vicepresidencia do consello executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Foi nomeado alcalde de Cedeira o 26 de decembro de 2013 en substitución do seu irmán logo da renuncia deste.[1]
Vida persoal
É irmán do xornalista Bieito Rubido e do político Leopoldo Rubido, que o antecede na alcaldía.
Véxase tamén
Outras páxinas
- ↑ "Luís Rubido: «As miñas prioridades son o centro de día, os mozos ou a gardería»". La Voz de Galicia. 27 de decembro de 2013.