Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Louredo.
Louredo é un lugar da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello coruñés de Carnota. Segundo datos do IGE do 2009 ten 94 habitantes (43 homes e 51 mulleres).
É un dos lugares do concello situado a maior altura. Chégase pola estrada que leva ata o lugar das Paxareiras e que continúa ata Santa Comba e Santiago de Compostela.
Toponomia
Louredo provén do latín lauretum, de laurum máis o sufixo abundancia etum, 'lugar onde hai loureiro'; fitotopónimo).
Lugares e parroquias
Lugares de San Mamede de Carnota
Parroquias de Carnota