María Lourdes Moure Varela, nada na Cañiza, é unha empresaria e política galega.
Traxectoria
Aos 13 anos mudouse coa familia a vivir en Torneiros[1]. Empresaria dunha axencia de seguros[2], presentouse ás eleccións municipais de 2015 na candidatura do PSdeG polo Porriño, no posto quinto. Só saíron catro concelleiros escollidos por esa formación, pero en novembro, logo da dimisión do concelleiro independente nas listas socialistas e exalcalde, Raúl Francés, Lourdes Moure accedeu ao pleno.
Foi elixida de novo como concelleira en 2019 e ocupou o posto de tenente de alcalde e concelleira de educación no equipo de Eva García de la Torre. O 23 de novembro de 2021 accedeu á alcaldía en funcións en substitución de García de la Torre[3], dimitida tralas diferenzas cos demais partidos que formaban a coalición de goberno, especialmente EU-Son[4].
Foi expulsada do partido socialista o 17 de setembro do 2022 por tránsfuga e non acatar os acordos do partido.[5]
Vida persoal
Vive na Relva[6].
Notas