Los dioses rotos é un filme cubano de 2008, escrito e dirixido por Ernesto Daranas. Foi escollido como candidato de Cuba para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
Laura é unha profesora universitaria que investiga sobre o coñecido proxeneta cubano Alberto Yarini, asasinado a balazos polos seus rivais franceses que controlaban o negocio da prostitución na Habana de comezos do século XX. Interesada en demostrar a vixencia do lendario personaxe, mergúllase nunha das zonas máis complexas da realidade habanera.
Personaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas