Los Potes é un grupo musical galego de Santiago de Compostela. Formado en 1965 para tocar versións de temas de pop e rock en festas e verbenas, o grupo separouse en 1975, pero regresou á actividade no 2000.
Historia
Foi fundado en en 1965 en Santiago de Compostela e estaba formado inicialmente por cinco membros: os irmáns Antonio e Manolo Fuentes (Baby), José María Hernández, Enrique Salmonte e Santiago Cañete.[1] Deron o seu primeiro concerto na Noitevella de 1966 no hotel Caracas do Milladoiro e nos seguintes anos fixéronse especialmente célebres na comarca de Barbanza, actuando en festas e verbenas, onde tocaban versións de temas da época, tanto de pop como rock ou música de verbena.[2]
A súa actividade detívose sobre 1975 pola imposibilidade de compatibilizar a música coa vida diaria dos seus membros, pero o grupo reviviu no ano 2000, reuníndose de novo e dando concertos durante as seguintes décadas, aínda que só con tres dos membros orixinais.[1][3]
Notas