Los Chikos del Maíz

Los Chikos del Maíz
Concerto en Tabernes de Valldigna (2014).
OrixeValencia, Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana
Período2005-2016 e dende 2019
Xénero(s)hip hop
MembrosNega
Toni el Sucio
Dj Plan B
Antigos membrosDj Bokah[1]
Na rede
loschikosdelmaiz.com
Facebook: LosChikosDelMaiz Twitter: chikosdelmaiz Instagram: los_chikos_del_maiz MySpace: loschikosdelmaiz Youtube: UCHUbwgSfhGmsSU2YWDocp9g Spotify: 2mjC7Pmu2NA6dZ1ZIYoLLu Last fm: Los+Chikos+del+Maíz Musicbrainz: b13be963-754b-4816-9462-d7fc27a277ab Songkick: 930048 Discogs: 2908486 Allmusic: mn0002730711 Editar o valor en Wikidata

Los Chikos del Maíz é un grupo de rap político formado polos rapeiros Nega e Toni el Sucio, xunto co Dj Plan B.[2] As letras do grupo tratan temas como a monarquía, a crítica social, a situación laboral ou a escena do hip hop en España. Os seus membros declaráronse marxistas e antifascistas, e as súas cancións salientan pola utilización do humor negro.[3][4]

O nome do grupo provén dun dos relatos titulado (Children of the Corn) que forma parte do libro de relatos curtos Night Shift, escrito en 1977 por Stephen King, do que se adaptou unha serie de filmes de terror iniciada en 1984 con Children of the Corn.

Traxectoria

O grupo nace da unión no ano 2005 de El Toni, pertencente daquela ao grupo La Nota Más Alta,[5] e El Nega, quen formaba parte entón do grupo 13 Pasos.[5] Ese mesmo ano sae á luz a maqueta, coa que se dan a coñecer e a partir da cal organizan varios concertos na provincia de Valencia.[2] Dous anos máis tarde, o grupo publica a maqueta A D10s le Pido, dedicada ao futbolista Diego Maradona. Logo destas cancións a súa popularidade medra e comezan a dar concertos en distintos lugares de España.

En 2008, Nega publica en solitario a maqueta Geometría y Angustia, que se converteu nun grande éxito de descargas en Internet. No tema desta maqueta «Vais a tragar saliva», a instrumental é un sampler de «Die Another Day» de Madonna. Un ano despois, en 2009, Nega anuncia a fichaxe por un selo discográfico e a preparación do esperado Pasión de Talibanes. Ese mesmo ano, tras a onda de detencións de membros de Segi, Los Chikos del Maíz publicaron un manifesto proclamando a súa solidariedade cos detidos.[6]

O 7 de febreiro de 2011, Los Chikos del Maíz sacan un adianto do disco Pasión de talibanes, chamado «Confesiones». Un mes despois, sacan o seu primeiro videoclip «El de en medio de los Run DMC», cadrando co 80º aniversario da Segunda República Española. O disco viu a luz finalmente o 31 de maio dese mesmo ano da man de Boa Music, alcanzando o posto 48 na lista Promusicae dos discos máis vendidos en España. En novembro, o grupo visita Venezuela, participando no festival urbano Aragua teno todo, que tivo lugar na cidade venezolana de Aragua. Durante o ano 2012, Los Chikos del Maíz visitaron Colombia para clausurar na cidade de Cartaxena de Indias El Cabildo Nacional de Juventud, dentro das mobilizacións da Marcha Patriótica, movemento político e social de corte popular e bolivariano. O 4 de setembro, lanzan unha reedición do álbum Pasión de talibanes, acompañado dun DVD documental con entrevistas e concertos, e tres temas inéditos: «Cultura y compromiso», «El secreto del acero» e «Terrorismo».

Os dous anos seguintes, en 2013, o grupo publica unha nova maqueta como "agasallo de reis" xunto á banda de hardcore punk Habeas Corpus, titulada United Artists of Revolution baixo o sobrenome de Riot Propaganda, que foi gravada en Corleone Estudio en decembro do 2012. O ano seguinte, en 2014, sacan o seu segundo disco, La Estanquera de Saigón, xunto cun libro con textos de políticos como Alberto Garzón de Esquerda Unida (EU), Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, Tania Sánchez Melero, membro de Convocatoria por Madrid e Deputada de Podemos, entre outras personalidades da esquerda española.

En 2016 anuncian un parón temporal con motivo do seu novo álbum e posterior xira con Riot Propaganda. O seu último concerto foi o 31 de decembro de 2016.

Logo dun hiato de máis de dous anos, volveron cun novo sinxelo, «Barrionalistas» o 12 de abril de 2019. Finalmente o 4 de outubro de 2019, lanzan o seu sexto álbum, Comanchería e anunciaron unha nova xira por España e Latinoamérica entre finais do 2019 e todo o 2020.

Estilo

Los Chikos del Maíz caracterízanse dentro do movemento hip hop polas súas constantes alusións a temas de actualidade política e polo uso de referencias culturais, salientando as referencias cinematográficas. Ambos os integrantes defenden a liberdade de expresión e manifestaron abertamente opinións contrarias á Igrexa, á monarquía e ao capitalismo.

A súa cultura está altamente asociada á de grupos marxistas, onde gozan de gran popularidade. Mantéñense máis fieis á corrente que utiliza o rap como canción protesta que á corrente que utiliza o movemento hip-hop para un desenvolvemento lírico, musical e creativo.

Polémica

O 7 de abril de 2010, Los Chikos del Maíz propúñanse dar un concerto nun festival organizado por Esquerda Unida (EU) en Sevilla con motivo do aniversario da II República, cando o Partido Popular (PP) da cidade, e a Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) denunciaron ao grupo por enaltecemento do terrorismo e pediron ao concello de Sevilla que prohibise o concerto.[7] O PP e a AVT xustificaban a denuncia baseándose na letra das cancións «Trabajador@s», «A D10s le pido» e «Spain is different».[8]

Los Chikos del Maíz publicaron un manifesto no que declaraban que eles en todo momento condenaron as accións armadas de ETA, e que se trataba simplemente de humor negro.[9][10] O concerto levouse a cabo sen incidentes e con preto de 4.000 asistentes segundo o consistorio sevillano. Tras iso, o PP sevillano e diferentes medios conservadores, encabezados pola exalcaldesa e eurodeputada Soledad Becerril, pediron a dimisión do alcalde Alfredo Sánchez Monteseirín por permitilo. Finalmente, o xuíz Fernando Andreu da Audiencia Nacional optou por arquivar a denuncia, aínda que José Alcaraz declarou na cadea COPE que recorrerían e chegarían até o final.[11]

Segundo declararon os mesmos Chikos del Maíz, recibiron ameazas de morte de grupúsculos neonazis e/ou fascistas.[12]

O 10 de xaneiro de 2020, Los Chikos del Maíz tiñan programado un concerto en Salamanca, este concerto estaba dentro dunha programación municipal, mais uns días antes, o 2 de xaneiro, o concello da cidade decide cancelar o concerto alegando a incitación á violencia nas letras das cancións do grupo. O grupo respondeu pechando un concerto na cidade, na mesma data e hora nunha sala privada. Ademais doaron os 500€ de indemnización por romper o contrato á Asociación de Memoria Histórica e declararon que o concello cometera un claro acto de censura.

Discografía

  • 2005: Miedo y asco en Valencia
  • 2007: A D10s le Pido
  • 2011: Pasión de talibanes
  • 2014: La Estanquera de Saigón
  • 2016: Trap Mirror
  • 2019: Comanchería
  • 2021: Interestelar

Notas

  1. "Dj Bokah abandona Los Chikos del Maíz". Consultado o 27 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Los Chikos del Maíz. "Myspace de Los Chikos del Maíz" (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2010. 
  3. HH Directo (novembro de 2009). "Vídeo-entrevista realizada al Nega por HH directo" (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2010. [Ligazón morta]
  4. La Haine (27 de xullo de 2009). "Entrevista a Los Chikos del Maíz" (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2009. 
  5. 5,0 5,1 VersosPerfectos (2009). "Biografía Los Chikos del Maíz" (en castellano). Consultado o 10 de abril de 2009. 
  6. Kaos en la red (25 de novembro de 2009). "Comunicado de Los Chikos del Maíz ante las detenciones" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2009. Consultado o 10 de abril de 2009. 
  7. Público (7 de abril de 2010). "PP pide suspensión del concierto de Los Chikos del Maíz" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2010. Consultado o 10 de abril de 2009. 
  8. El Mundo (7 de abril de 2010). "El PP insta al PSOE a suspender el concierto de un grupo pro abertzale en Sevilla" (en castellano). Consultado o 10 de abril de 2009. 
  9. HHDirecto (6 de miyo de 2010). "Video Entrevista a Nega 2010" (en castellano). Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2010. Consultado o 19 de maio de 2010. 
  10. VersosPerfectos (8 de abril de 2010). "Los Chikos del Maíz responden a ABC y La Razón" (en castellano). Consultado o 10 de abril de 2009. 
  11. Diario ADN (10 de abril de 2010). "Juez archiva denuncia que pedía suspender concierto de grupo rap en Sevilla" (en castellano). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 10 de abril de 2009. 
  12. Nega (6 de setembro de 2010). "Respuesta al señor Scheuermann y a la izquierda "heterodoxa"" (en castelán). p. Kaosenlared. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2011. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Palais BénédictineLe Palais. BénédictinePrésentationType PalaisStyle Néogothique et néo-RenaissanceArchitecte Camille AlbertConstruction 1882-1888Reconstruit en 1892.LocalisationPays FranceRégion  NormandieDépartement  Seine-MaritimeCommune  FécampCoordonnées 49° 45′ 32″ N, 0° 22′ 04″ ELocalisation sur la carte de Francemodifier - modifier le code - modifier Wikidata Le palais Bénédictine est un édifice mêlant les styles n�...

First ruler of the Polish-Lithuanian Commonwealth (1569-72) Sigismund II redirects here. For the Prince of Anhalt-Dessau, see Sigismund II, Prince of Anhalt-Dessau. Sigismund II AugustusPortrait by Lucas Cranach the Younger, 1553King of PolandGrand Duke of LithuaniaReign1 April 1548 – 7 July 1572Coronation20 February 1530PredecessorSigismund I the OldSuccessorHenry of Valois (in 1573)Born1 August 1520Kraków, PolandDied7 July 1572(1572-07-07) (aged 51)Knyszyn, PolandBurial...

Serweryn Goszczyński Seweryn Goszczyński (4 November 1801, Illintsi - 25 February 1876, Lviv) was a Polish Romantic prose writer and poet. Tomb of Serweryn Goszczyński Life He was born on 4 November 1801 in Ilińce, Russian Empire and hailed from a Polish noble family of the Pobóg coat of arms. Goszczyński did not receive a thorough education because his parents were not well off. He studied with breaks in different schools, the Basilian School in Uman being the one where he stayed the l...

This article is about a mountain in Pennsylvania. For the mountain in Arizona, see Camelback Mountain. Camelback Mountain (Big Pocono)Big Pocono from Spring LakeHighest pointElevation2,133 ft (650 m)GeographyLocationMonroe County, Pennsylvania, U.S.Parent rangeAppalachian Mountains, Pocono Mountains Camelback Mountain or Big Pocono is a conspicuous geographic feature on the Pocono Plateau. It is not a mountain, but rather a peninsular section of the Pocono Plateau, that when vi...

Naval armaments race in the late nineteenth century Libertad, seen here c. 1893, was laid down in 1890 as part of the developing naval arms race between Argentina and Chile In the late nineteenth and early twentieth centuries, the South American nations of Argentina and Chile engaged in an expensive naval arms race to ensure the other would not gain supremacy in the Southern Cone. Although the Argentine and Chilean navies were insignificant in the 1860s, with zero and five warships, respectiv...

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2022. artikel ini perlu dirapikan agar memenuhi standar Wikipedia. Tidak ada alasan yang diberikan. Silakan kembangkan artikel ini semampu Anda. Merapikan artikel dapat dilakukan dengan wikifikasi atau membagi artikel ke paragraf-paragraf. Jika sudah dirapik...

Giải mã mê cung: Thử nghiệm đất cháy Áp phích chiếu rạp tại Việt NamĐạo diễnWes BallSản xuất Ellen Goldsmith-Vein Wyck Godfrey Marty Bowen Lee Stollman Joe Hartwick Jr. Kịch bảnT.S. NowlinDựa trênThe Scorch Trialscủa James DashnerDiễn viên Dylan O'Brien Kaya Scodelario Thomas Sangster Dexter Darden Giancarlo Esposito Alexander Flores Aidan Gillen Ki Hong Lee Jacob Lofland Barry Pepper Rosa Salazar Lili Taylor Alan Tudyk Patricia Clarkson Âm nh�...

Tiruchirappalli (bahasa Tamil: திருச்சிராப்பள்ளி) pelafalanⓘ juga dieja Tiruchirapalli, umumnya disebut Tiruchi atau Trichy (bahasa Tamil: திருச்சி) sebelumnya juga dilafalkan Trichinopoly (di bawah kekuasaan Britania) adalah kota terbesar ke-4 di negara bagian Tamil Nadu di India (setelah Chennai, Coimbatore dan Madurai). Kota ini terletak di tengah negara bagian di tepi sungai Cauvery. Sejarah Tiruchirappalli dipimpin oleh Jenderal Maratha...

Organization that honors scholastic achievement at secondary institutions This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Cum Laude Society – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2007) (Learn how and when to remove this template message) Cum Laude SocietyFounded1906; 117 years ag...

For the marketing professor, see V. Kumar (professor). This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) The topic of this article may not meet Wikipedia's notability guideline for music. Please help to demonstrate the notability of the topic by citing reliable secondary sources that are independent of the topic and provide significant coverage of it beyond a mere trivial mention. If notabi...

Genus of birds Ploceus Bocage's weaver (P. temporalis) andBertram's weaver (P. bertrandi) ♀ Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Aves Order: Passeriformes Family: Ploceidae Genus: PloceusCuvier, 1816 Type species Loxia philippina[1]Linnaeus, 1766 Species See text Synonyms[2] Hyphanthurgus Sundevall, 1872 Hyphanturgus Cabanis, 1851 Nelicurvius Bonaparte, 1850 Nelicurvus Pollen, 1863 Notiospiza Oberholser, 1905 Othyphantes Shell...

Esta página cita fontes, mas que não cobrem todo o conteúdo. Ajude a inserir referências. Conteúdo não verificável pode ser removido.—Encontre fontes: ABW  • CAPES  • Google (N • L • A) (Outubro de 2020) XX Copa do Brasil Copa do Brasil de 2008 Dados Participantes 64 Organização CBF Local de disputa Brasil Período 13 de fevereiro – 11 de junho Gol(o)s 340 Partidas 110 Média 3,09 gol(o)s por partida Campeão Sport (1....

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: B. V. S. Parsi High School – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2021) (Learn how and when to remove this template message) Private school in Karachi, Sindh, PakistanBai Virbaiji Soparivala Parsi High SchoolLocationAbdullah Haroon Road, SaddarK...

Webcomic by Korean American Lela Lee Angry Little GirlsCover of the first print collection of Angry Little GirlsAuthor(s)Lela LeeGenre(s)Satirical, Feminist, Asian-American Angry Little Girls is a webcomic by Lela Lee. The comic was launched by 2000 and is based on Lee's animated series, Angry Little Asian Girl. It challenges gender and racial stereotypes. The main character is six-year-old Kim, an angry Korean American girl. History Creation The comic is written by Lela Lee, a Korean America...

Town & Municipality in Colima, MexicoComalaTown & MunicipalityMain plaza and church SealComalaLocation in MexicoShow map of ColimaComalaComala (Mexico)Show map of MexicoCoordinates: 19°19′15″N 103°45′37″W / 19.32083°N 103.76028°W / 19.32083; -103.76028Country MexicoStateColimaFounded1550sMunicipal Status1856Government • Municipal PresidentSergio Agustín Morales AnguianoArea • Municipality254 km2 (98 sq...

Racetrack For the small dirt oval track in Banks, Oregon, see Sunset Speedway. Sunset SpeedwayLocation6918 Yonge StreetInnisfil, OntarioCanadaTime zoneUTC-5 (UTC-4 DST)Coordinates44°16′49″N 79°36′39″W / 44.280270°N 79.610728°W / 44.280270; -79.610728Capacity9,000OwnerBrian TodishOperatorBrian TodishOpened1968Major eventsNASCAR Pinty's Series(2015-2016, 2020-Present) APC United Late Model Series(2015-Present) OSCAAR Modifieds OSCAAR Hot RodsOSCAAR Pro Sprint...

This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: Anne Chambers author – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2022) (Learn how and when to remove this template message) Anne Chambers is an Irish biographer, novelist, and screenplay writer who lives and works in Dublin, and is best known for her biography of the 16th-century Irish Pira...

Спілка українських журналістів КанадиТип професійна спілкаЗасновано 1957Правовий статус громадська організаціяКраїна  КанадаШтаб-квартира ТоронтоКритерій членів журналістЧленів 90 (1976)[1]Партнерство Спілка українських журналістів Америки Спілка українських ...

2007 film For the Marty Balin single, see Marty Balin. For the article about a similarly titled song, see What Is Love (Haddaway song). What Love IsDVD coverDirected byMars CallahanWritten byMars CallahanProduced byGeorge BoursStarringCuba Gooding Jr.Matthew Lillard Sean AstinAnne HecheGina GershonMusic byErik GodalDistributed byBig Sky Motion PicturesRelease date March 23, 2007 (2007-03-23) Running time88 minutesCountryUnited StatesLanguageEnglish What Love Is is a 2007 romant...

Phenomenon in physics An example of a Doppler broadened line profile. The solid line represents an un-broadened emission profile, and the dashed line represents a broadened emission profile. In atomic physics, Doppler broadening is broadening of spectral lines due to the Doppler effect caused by a distribution of velocities of atoms or molecules. Different velocities of the emitting (or absorbing) particles result in different Doppler shifts, the cumulative effect of which is the emission (ab...