Lorenzo Bereciartua Balerdi, nado en Bidania (Guipúscoa) o 28 de febreiro de 1895 e finado o 23 de outubro de 1968, foi un eclesiástico católico vasco, bispo diocesano de Donostia entre 1963 e 1968.
Traxectoria
Naceu en Bidania (hoxe parte do concello de Bidania-Goiatz, Guipúscoa) o 28 de febreiro de 1895, sendo descendente de san Martiño da Ascensión.[1] Foi ordenado sacerdote o 19 de decembro de 1919.[1]
O 22 de febreiro de 1946 foi nomeado bispo auxiliar de Zaragoza e bispo titular de Andeda.[1] Recibiu a ordenación episcopal de mans do arcebispo de Zaragoza Rigoberto Doménech Valls o 11 de agosto do mesmo ano.[1]
O 19 de decembro de 1955 foi nomeado bispo de Sigüenza-Guadalaxara.[1] Permaneceu en dita diocese até que foi nomeado bispo de Donostia o 6 de agosto de 1963. Finou no cargo, o 23 de outubro de 1968.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Garmendia de Otaola, Antonio (1962). Beasain, patria de San Martín de Loinaz: biografía de un pueblo y de un santo. Editorial Icharopena. p. 345.
|
---|
Bispos de Donostia | |
---|
Bispos auxiliares | |
---|