Lopevi (ou Lopévi) é unha illa deshabitada na provincia de Malampa, Vanuatu. Atópase ao sueste de Ambrym e ao leste de Paama. Consiste nos 7 km de ancho do cono do volcán activo do mesmo nome.[1] Alcánza unha altura de 1.413 m sobre o nivel do mar, o punto máis alto no centro de Vanuatu. entrou en erupción polo menos 22 veces desde 1862. A illa foi habitada antes, pero en 1960 a poboación trasladouse ás próximas illas de Paama ou de Epi polo perigo recorrente.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas