Lonxe da Terriña foi unha revista editada en Ponteareas entre 1960 e 1994.
Historia e características
Subtitulada Hoja informativa y orientadora dedicada por la parroquia de Ponteareas a sus hijos emigrantes con ocasión del Día de las Migraciones, apareceu en 1960. Revista anual, aparecía o primeiro domingo de advento. Publicado pola parroquia de San Miguel de Ponteareas.[1] Fundada e editada por Enrique Rodríguez Troncoso (párroco de Ponteareas). Incluíu historia, biografías, movemento parroquial e entrevistas. Entre os seus colaboradores figurou Clodio González Pérez e Manuel Barros Arbones. Cesou a súa publicación en 1994. No momento do peche a distribución alcanzaba a 1.500 emigrantes.[2]
Notas
- ↑ La Noche, 7-12-1961, p. 9.
- ↑ La Voz de Galicia, 28-2-1999, p. 43.
Véxaswe tamén
Bibliografía