Lonesome Ghosts é unha curtametraxe estadounidense de animación de 1937 dirixido por Burt Gillett. É unha produción de Disney distribuída por RKO Radio Pictures o 24 de decembro de 1937, tres días despois da estrea de Snow White and the Seven Dwarfs (1937). Foi animada por Izzy Klein, Ed Love, Milt Kahl, Marvin Woodward, Bob Wickersham, Clyde Geronimi, Dick Huemer, Dick Williams, Art Babbitt e Rex Cox.[2] Está protagonizada por Mickey Mouse, Donald Duck e Goofy como membros dun equipo de exterminadores de pantasmas. É a curtametraxe número 98 da serie de Mickey Mouse, e a novena dese mesmo ano.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas