O logo de Google é un deseño creativo que forma parte da imaxe corporativa da empresa Google. Para celebrar eventos especiais, Google troca o logo tradicional por un alusivo ó evento, o que recibe o nome de doodle.[1]
Historia do logo
Nos comezos de Google, Sergey Brin, fundador de Google xunto con Larry Page, crearon unha versión do logotipo coa axuda do programa de retoque fotográfico GIMP. O signo de exclamación colocado ó final do logotipo lembra ó de Yahoo!.
Logo inicial de 1997
Logo orixinal en Baskerville Bold, empregado dende setembro a outubro de 1998, cunha combinación de cores distinta á actual.
Logo empregado dende outubro de 1998 até o 30 de maio de 1999.
Logo empregado dende o 31 de maio de 1999 até o 5 de maio de 2010. Deseñado por Kedar Ruth, baseado na tipografíaCatull.
Logo dende o 6 de maio de 2010 até o 18 de setembro de 2013.
Logo dende o 19 de decembro de 2013 até o 31 de agosto de 2015.
Logo dende o 1 de setembro de 2015.
Google Doodle
O primeiro Google Doodle que apareceu na páxina principal do motor de busca foi Burning Man o 30 de agosto de 1998. Os logotipos posteriores de Google foron deseñados polo deseñador gráfico Dennis Hwang, quen foi contratado por Larry Page e Sergey Brin para deseñar un logotipo que representase o Día da Bastilla.