As locucións verbais caracterízanse por ser un conxunto de palabras das que como mínimo unha é un verbo, o resto das palabras está tan estreitamente unido ó verbo que sintacticamente o conxunto non é segmentable, de xeito que o núcleo verbal do predicado correspondente é todo o conxunto.
As diferenzas máis evidentes entre a perífrase verbal e a locución verbal baséanse na imposibilidade nas locucións de
- segmentalas en dúas unidades.
- trocar o segundo elemento verbal se o hai por outro pertencente á mesma clase pero con distinto significado léxico.
- basearse o significado global no segundo elemento verbal (se o hai)
Exemplos de locucións verbais: Dar por sentado, dar por suposto, botarse de ver, botar a perder, dar a coñecer, dar a entender, dar que falar.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas