(andar, estar, quedarse, vivir, poñer) A pan pedir: vivir da caridade pública, pedindo esmola, por estar na miseria [1].
A pan sabido: vivir mantido por outro, sen ter que preocuparse [1].
A pan seco: comer pan só, sen outro compango nin viño [1].
¡Así Dios nos dea pan e paz!
Axudar a ganar o pan a alguén: axudar a outro a gañar o seu sustento [1].
¡Benia ó pan que come!: dise de quen se ve forte e ben mantido, ou de quen posúe de abondo para vivir con desafogo [1].
Cara de pan: ter a cara seria.
Coller pan pro ano: dise do labrego que colleita o suficiente para o ano [1].
Comer o pan coa codia: cando o meniño xa sabe valerse por si. Aplícase tamén ós enfermos que empezan a recuperarse ou dos que teñen, ou dicen ter, certa experiencia e válense xa por si mesmos [1].
Comerlle o pan a un: estar alguén mantido por el [1].
Comer o pan dos máis: dise da persoa moi vella e con achaques, que se supón que xa está de máis, como se estivese comendo do que faría falta aos demais [1].
Coma o pan da boca: dise do que é indispensable para vivir.
Comer a pan sabido: vivir a expensas de alguén.
Comerlle o pan a un: estar mantido por alguén, por veces, aproveitarse del.
Como o pan da boca: dise do que resulta indispensable para a vida, do que se ten en grande estima [1].
Como pan bendito: que se vende con moita facilidade [1].
Con pan e con pau: a educación debe combinar os coidados e agasallos co castigo e a man dura [1].
Contigo pan e cebola: expresión usual entre enamorados, ponderando o seu desinterese [1].
Cortar tanto touciño coma pan: ter abundancia nas comidas, sen escatimar.
Custarlle a alguén a bóla un pan: cando algunha operación sae cara de máis ou cando un sae escaldado de calquera asunto [1].
De pan levar: aplícase ás terras dedicadas a sementar centeo, trigo ou millo [1].
Deixar a pan pedir: deixar na miseria absoluta.[2].
Engana-lo pan: comer calquera cousa acompañando o pan, aínda que non sexa de moito aprecio [1].
Escaldar o pan: cocelo con demasiado lume, de modo que se forman ampolas na codia [1].
Estar a pan e coitelo: vivir xuntos e moi a gusto, levarse ben dúas ou máis persoas [1].
Estar feito un forno: estar acalorado en exceso [3].
Facer un pan coma unhas hostias: expresa o desacerto ou fracaso dunha empresa [1].
Facer un pan coma unhas noces: facer unha desfeita, estragar algo no que se estaba traballando [1].
Faltarlle o pan a un: carecer do máis indispensable para o sustento [1].
Gañar o pan: traballar e gañar o necesario para vivir.
Gañar o pan que come: dise de quen achega o seu traballo para xustifica-la comida que se lle dá. Aplícase ó meniño que xa pode facer algún traballo para axudar na casa [1].
Levarse coma o pan e o leite: ser íntimos amigos.
¡Non che vai o pan polas pallas!: dise a quen non se apura por nada [5].
Non cocerlle o pan no corpo a un: estar inquieto, desconfiado [1].
Non comer pan: aplícase ó que, sen ter agora ningún valor, cómpre gardar por se nalgún momento pode ser útil [1].
Non comer un o pan de balde: non recibir un pago ou recoñecemento gratuitamente, senón como consecuencia do seu traballo [1].
Non dar un grau de trigo ó galo da pasión: ser extremadamente mesquiño [6].
Non estar o forno pra bolos: dise cando algo non é oportuno, cando non hai disposición para atender ou facer o que se propón [3].
Non haber pan por onde pasa: dise de quen está tan fraco e famento que parece que non houbese nin pan na súa casa [1].
O (noso) pan de cada día: o alimento de tódolos días; aplícase tamén a outras realidades que se repiten tódolos días ou moi frecuentemente [1].
Ó pan, pan: dici-las cousas claramente, sen rodeos nin eufemismos.
Pan por pan: dicir ou facer as cousas directamente, sen rodeos [1].
Pan por pan, e viño por viño: expresión que ratifica que un dixo as cousa con toda claridade e sen eufemismos [1].
Poñer a alguén a pan pedir: insultar a alguén, criticar duramente a alguén, deixalo humillado [1].
Quentarse o forno: enardecerse unha persoa, irritarse [3].
Repartir unha cousa como pan bendito: distribuíla en porciones moi pequenas, que non chegan a nada [1].
¿Seica me queres comela broa?: dise a quen parece que nos toma por parvos, a quen nos quere tomar o pelo [7]
Ser algo pan comido: dise de algo difícil que se desexa ter, pero que se ten por seguro . Aplícase ás veces ás conquistas amorosas, dándoas por fáciles e seguras [1].
Ser algo pan comido: dise do que parece estar xa conseguido ou que é moi fácil de conseguir.
Ser como o ano que non hai pan: dise dos cicateros, rácanos, avaros [8].
Ser da mesma fariña: ser dúas persoas da mesma condición, costumes, familia, etc.[4].
Ser fariña doutro fol: ser dúas cousas ou persoas moi diferentes; ser algo totalmente alleo ó asunto de que se trata [4].
Ser máis bo que o pan: dise dunha persoa boa de máis [1].
Ser máis longo que un día sen pan: referido tanto a persoas ou obxectos físicos como a situacións que non parecen acabar nunca.
Ser pan e mel: ser unha cousa moi boa e agradable [1].
Ser un anaco de pan: ser moi boa persoa.
Ter pan e capelo: dise da moza que é rica e ten posibles [1].
Ter pan e porco para o ano: dise de quen posúe os medios necesarios para vivir con largueza durante o ano [9].
Ter pan pró ano: ter o suficiente para pasar o ano, aínda que sexa modestamente [1].
Vir o pan ó suco: comezar a madurar as espigas dos cereais. Por extensión, irse acomodando as circunstancias ós nosos desexos [1].
Xa non come o pan de trigo: dise de quen está a morrer [10].
↑Xa na Crónica troiana: "Et por ende tomarõ os dioses uingança, que de moý rricos que ante erã agora som muý pobres et apan pedir"; E por isto tomaron os Deuses vinganza, que de moi ricos que antes eran agora están moi pobres e a pan pedir.
↑ 3,03,13,2Eladio Rodríguez González, s. v. forno.
↑ 4,04,14,2Eladio Rodríguez González, s. v. fariña.
PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52.