L1
Estación de Espanya, na liña 8.
A Liña 8 do metro de Barcelona é un servizo de ferrocarril metropolitano que forma parte da Liña Llobregat-Anoia de Ferrocarrís da Generalitat de Cataluña (antigos Ferrocarrils Catalans ), compartindo infraestrutura con cinco servizos máis. Camins de Ferro del Nord-est d'Espanya (NEE) construíu e inaugurou o ferrocarril no ano 1912 .
O trazado da liña que une Barcelona - Pl. Espanya e Molí Nou | Ciutat Cooperativa, é de dobre vía soterrada no 73% do percorrido e dobre vía en superficie o resto do trazado.[ 1] [ 2]
No 2007 , inaugurouse unha nova estación entre Ildefons Cerdà e Gornal chamada Europa | Fira ,[ 3] baixo a Plaça d'Europa de l'Hospitalet de Llobregat e está programada unha nova estación chamada Cornellà Salines entre Cornellà-Riera e Sant Boi , entre outras ampliacións como a creación de dos tramos de 11 e 14 km.[ 4]
Notas