Liturxia do corpo

Liturxia do corpo
Título orixinalLiturxia do corpo
Autor/aArcadio López-Casanova
LinguaGalega
Colección17 de maio Poesía
Xénero(s)Poesía
EditorialEdiciós do Castro
Data de pub.1976
editar datos en Wikidata ]

Liturxia do corpo, publicado por Ediciós do Castro -na colección 17 de maio Poesía- en 1976, é un libro de poemas de Arcadio-López Casanova. En 1983 Ediciós do Castro fixo unha segunda edición con prólogo de Xesús Alonso Montero.

Contido

Seguindo a edición de 1983[1]

Dedicatoria: Adico iste libro á miña aboa Manuela, xa corpo de memoria, na terra sua e miña do Páramo lugués.

Limiar de Xesús Alonso Montero

PARA ACHEGÁRMONOS Á POESÍA DE ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA

Limiar

  • Herdo do canto. Dedicado a Xesús Alonso Montero.
...
certa nos ollos toda orfandá,
luz toda da acordanza, miseria túa,
corpo abenzoado de morte,
seña eisío canto que quixeches abrir como pazo de horas,

palabra do silencio
na liturxia do corpo[2]

Canto primeiro: Da vida esgarecida

Poisque é a túa vida a que abala hora
de señardá, poisque é a túa morte ora
que vai e ven, que vai e ven, (...)
(A. L.-C.)

A) Caeira dos días

(5 Sonetos)

  • I. Corpo sen luz
  • II. Corpo insente / ausente. Dedicado a Mercè e César A. Molina.
...
A luz da Nada ennovelada ó olvido,
corpo de rosas fúnebres, maldito,
¡Ai!, ardido no afán de craridá
...[3]
  • III. Corpo daquel desvelo
  • IV. Sen herdanza
  • V. Tempo de ningures

B) Cadro con figuras

Fillo de nada na orfandá
non soupo nunca o que era ter;
a Noite foi o seu saber,
o día que quixo preguntar.
...[3]
  • VI. (Fillo da orfandá). Soneto.
  • VII. (IL da señardá). Soneto.
  • VIII. (Doncel de primavera). Soneto.
  • IX. (Dama da noite). Dedicado a Mary Luz.
Dama das noites en amparo,
seixo de frío dos teus ollos;
non saberei, non saberei
quén eres nunca, ónde te atopo.
...[4]
  • X. (Dona da luz). Soneto.

Canto segundo: Da vida delongada

laz de sono de morte que esperara,
rama de luz na luz xa tebrecida
(A. L.-C.)

A) Laz do sono

(5 Sonetos)

  • I. Ánseas que foron. Dedicado a Conchita e Xosé A. Gómez Segade.
  • II. Alento seu que ardeu
  • III. Mala anada
  • IV. Vida de arraiar
  • V. Do lecer perdido
...
De alento que se esvai, lecer perdido,
e que vai, e que vai -¿por quén rendido?-,
lume de mámoas no solpor luarento.[5]

B) Un abalo de escuridá

(6 Sonetos)

  • VI. Tecer de sombra. Dedicado a Luís María.
...
Tece e destece vida, i a esgarece,
nebra sempre de frío solermiña,
ti, tecelá, coa Morte na fiada.[6]
  • VII. O sono amaro
  • VIII. Cega incertidume
  • IX. Forte na luz
  • X. Orfandá de horas. Dedicado a Darío Villanueva.
Tentas ista choída luz que orballa,
fío do frío, coas maus de alto desvelo;
tentas flairas de soño, poisque abeiro
non tées, dura orfandá de horas levadas.
...[7]
  • XI. Vida sen abeiro

Ríos da vida, ¿Ónde estades? (Rosalía de Castro)

...
Non sabías que a herdanza era ista cega
sombra de esternidá;
(quen torre de luir pon contra a vida,
da Vida non será
... [8]

Características

Para Basilio Losada:

Os tres libros -Mesteres, Memoria dunha edá, Liturxia do corpo- forman unha unidade, un só poema en diversas entregas, un universo lírico perfectamente artellado arredor dun tema básico: eisilio-morte... Dende o desacougo, a lírica de López-Casanova atinxe unha mística da inanidade -mundo futil sen patria; vocación de morte, final acougo, consciencia da imposibilidade do eu soñado, ca morte por fronteira e o eisilio por patria.[9]

Segundo o propio autor:

"Litruxia do corpo", si, porque é o momento en que desaparece toda a paisaxe: a da Galicia pantasmal, a da Galicia dos mortos, a paisaxe valenciana. Entón, a "Liturxia do corpo" que é un canto ensimismado da morte, volveu o galego. ¿Que fale do libro? Ten unha esctructura de dous cantos de íntima meditación sobre a morte. No canto primeiro esa meditación caracterízase por estar no "eu", e está proxectada sobre unhas determinadas figuras humanas que representan unhos determinados xeitos de vivir e xeitos de morrer. O segundo canto proxéctase sobre unha especie de galería de experiencias do eu sobre a morte. E o libro ábrese cun limiar que é unha referencia ó herdo do canto e o herdo do canto -é dicir, o herdo do poeta- é o herdo da morte (La Voz de Galicia, 11-2-1982)[10]

Notas

  1. López-Casanova, Arcadio (1983). Liturxia do corpo. 17 de maio Poesía. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-175-9. 
  2. López-Casanova 1983, p. 19.
  3. 3,0 3,1 López-Casanova 1983, p. 26.
  4. López-Casanova 1983, p. 36.
  5. López-Casanova 1983, p. 47.
  6. López-Casanova 1983, p. 51.
  7. López-Casanova 1983, p. 55.
  8. López-Casanova 1983, p. 61.
  9. Losada, Basilio (xulio, agosto, setembro 1983). "LITURXIA DO CORPO, por Arcadio López Casanova". Grial XXI (81): 384–386. 
  10. López-Casanova 1983, p. 11-12.