Lionel Rouwen Aingimea, nado o 2 de setembro de 1965, é un avogado e político nauruano. Desde 2019 até 2022 desempeñouse como presidente de Nauru.
Traxectoria
Aingimea estudou dereito en Australia e posteriormente traballou para a ONG Regional Rights Resource Team,[1] e como defensor público nas Illas Marshall.[2] Máis tarde traballou como profesor de dereito na Universidade do Pacífico Sur.[2]
Aingimea postulouse para as eleccións ao Parlamento pola circunscrición de Meneng en 2013, pero non foi elixido. Despois das eleccións, uniuse á nova administración do presidente Baron Waqa como Secretario de Xustiza.[1][2]
Despois de ser electo parlamentario por Meneng nas eleccións de 2016, foi nomeado Ministro Asistente de Xustiza e Control Fronteirizo no goberno de Waqa, servindo baixo o Ministro de Xustiza David Adeang.[1] Foi reelixido nas eleccións de 2019, nas que Waqa perdeu o seu escano. Despois das eleccións, foi elixido Presidente polo Parlamento de Nauru, derrotando a Adeang por doce votos contra seis.[3]
Notas